6º Concurso Foto Retocada

6º Concurso Foto Retocada
15 Abr 2015

¿Preparados? El lunes 20 comienza el plazo de presentación de nuestro concurso. Aquí podéis consultar las bases. ¡¡Esperamos que nos sorprendáis!!

Convócase o 6º Concurso de montaxes fotográficas e fotografías retocadas Dolce Vita Odeón.

Participantes.-
Poderán concorrer todas as persoas que o desexen tanto afeccionadas como profesionais da fotografía. Cada participante pode enviar ata 4 fotos, non podendo presentar máis de 3 fotos da mesma categoría. Dolce Vita Odeón resérvase o dereito de modificar o emprazamento da foto á outra categoría se o participante non a presenta correctamente.

Categorías.-
Existirán dúas únicas categorías: Artística e humorística. Naquela primarán os valores estéticos e nesta valorarase a súa capacidade para provocar sorpresa no espectador. O xurado resérvase o dereito de modificar, según seu criterio, a clasificación da foto nunha ou noutra categoría.
A temática é libre.

Fotografías.-
Poderán ser fotografías en blanco e negro ou cor, inéditas, non premiadas en ningún outro concurso, nin que se presentaran a este en edicións anteriores. Poderán estar realizadas con calquera técnica e retocadas dixitalmente para conseguir maior brillo, máis calidade de imaxe ou efectos de todo tipo.

Tamaño e presentación.-
As fotografías presentaranse en tamaño DIN A/3, laminadas e adhesivadas sobre un soporte de cartón pluma de 5mm.

Identificación.-
Ao dorso de cada obra farase constar o título, a categoría na que se encadra, e nun sobre cerrado (identificado no exterior co mesmo título da obra), incluiranse os datos completos do autor: nome, apelidos, dirección completa, teléfono/os e dirección de correo electrónico.

Lugar de presentación e prazo.-
As obras presentaranse en Dolce Vita Odeón, ou poderanse enviar, libres de gastos e por conta do participante a Dolce Vita Odeón, Polígono de la Gándara s/nº, 15570 Narón (A Coruña), facendo constar no sobre “Sexto Concurso de montaxes fotográficos e fotografías retocadas Dolce Vita Odeón”.
O período de presentación de fotos abrirase o 20 de abril e pechará o 14 de maio de 2015 ás 18:00 h.

Exposición das obras e gañadores.-
As obras exporanse en Dolce Vita Odeón desde o 18 de maio ata o 12 de xuño de 2015. Se, en opinión da organización, o número das obras presentadas é demasiado elevado, o xurado realizará unha selección previa para designar cales formarán parte da exposición.
Os premios entregaranse o venres, 5 de xuño. A organización non atenderá chamadas telefónicas ni responderá a consultas orales ou escritas sobre o concurso. Os participantes deberán esperar á comunicación do fallo do xurado.

Xurado.-
Haberá un xurado presidido por un membro da xerencia de Dolce Vita Odeón e composto por persoas relacionadas coa fotografía, o deseño e a arte.

Premios.-
CATEGORÍA ARTÍSTICA:
1º- 500 € en vales de compra de Dolce Vita Odeón
2º- 250 € en vales de compra de Dolce Vita Odeón.
3º- 100 € en vales de compra de Dolce Vita Odeón.

CATEGORÍA HUMORÍSTICA:
1º- 500 € en vales de compra de Dolce Vita Odeón
2º- 250 € en vales de compra de Dolce Vita Odeón.
3º- 100 € en vales de compra de Dolce Vita Odeón.

Reproducción e os seus dereitos.-
O participante manifesta e garante ser o único titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta a concurso. As obras premiadas, así como as que non sendo premiadas non se retiren nos prazos establecidos, pasarán a ser propiedade de Dolce Vita Odeón, quen se reserva o dereito de reproducilas libremente (catálogos, carteis, dossier de prensa, reportaxes, etc.).
O feito de participar neste concurso, supón que os autores comprométense a non reivindicar os dereitos de autor polas reproduccións das obras.

Devolución das obras.-
As fotografías non premiadas poderán ser recollidas en Dolce Vita Odeón unha vez finalizada a exposición, tendo un prazo de 10 días desde a mesma para recoller os traballos. Os dereitos de reproducción das obras que nese tempo non sexan retiradas pasarán a ser propiedade de Dolce Vita Odeón.

Observacións.-
Participar no concurso supón a aceptación total destas bases. A resolución que deba adoptarse por calquera incidencia non prevista nestas bases, corresponderá ao xurado, quen resolverá co mellor criterio, sen que proceda recurso algún. O fallo do xurado será inapelable.

Compartir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Usamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento y la aceptación de nuestra política de cookies